M  

rm_Busiris 42M
0 posts
11/12/2005 2:18 am

Last Read:
3/5/2006 9:27 pm

M


Pode ser que se atope, aló, lonxe, nun lugar non esperado, aquela beleza desexada. Rubia, morena, sinxela, complexa, comprometida, libre, adxetivos e adxetivos,uns detrás de outros, porqué non sustantivos?. Non desexo ser existencialista no sentido amplo do termo, pero si pido ser terrenal, con aqueles vicios propios da condición humán que nos describe. Utopías, as imprescindibles para así poder soñar. O sentido do oído paréceme cheo de sensibilidade na comprensión, na excitación, calor,privacidade, relaxación, e como non na textura explícita do placer simple e inexplicable dunha dulce caricia. Tolemia e un termo pouco utilizado no falar bulgar, pero non quere dicir que sexa necesario naquelas relacións persoais onde os fins non xustifican os medios. Unha vez rematada esta simple introducción sensitiva, a hora de manter a inquietude no lector que dedica uns intres da sua vida a espreitar aquelo que outros transmiten a través de enigmáticas palabras, ei de citar termos coma, pel tersa, cabelo fresco, mirada observadora, beizos serios, dedos inquietos. Sei que na muller pode ser impúbico aquel desprecio por os cabelos que poden resultar enemigos da sua intimidade, pero non tódolos ollos aprecian a sua transparencia coa misma intensidade que aquelo que nos describe, nos caracteriza, nos fai sensibles, nos delata. Estamos agora non so co oído senón tamén co olfato non agudo e escrutador que busca explicacións de circunstancias ou momentos. Ata o de agora teño que afirmar que non coñecín o amor. A morte é o límite do mesmo. Vivamos. Ei de sintetizar que despois de manter sucesivas relacións persoáis, tras examinar os placeres que de elas disfrutei, sempre oubo no meu senso, sensacións inexplicables, silencios expresivos, que foron máis aló do que certamente se podería considerar como apreciacións próximas a realidade dun mundo dirixido polos sentidos e polas percepcións superficiáis. O calor dun corpo disposto os teus desexos, é algo que vai máis aló da insignificante literatura comunicativa. Divagacións monótonas e próximas que no outono florecen nun mundo de cores lúdicas, para así tratar de captar aquelo que as retinas non poden perpetuar. Un bico, agradecido polo tempo derramado nun baso vacío.Paco.

Become a member to create a blog