por que unha parella?  

diomedes27 52M
0 posts
9/20/2005 3:52 am

Last Read:
3/5/2006 9:27 pm

por que unha parella?


Que leva a un home a procurar, non outro home, non unha muller, senón as dúas cousas a un tempo?
Que nome ten esa atracción irresistible de penetrar na intimidade dunha parella, de encontrar un oco no seu seo, rodeado por todas as partes?
Será medo?
Será inseguridade?
Será a busca do seo materno e o abrazo do pai?
Será o recordo dos medos da infancia e a arrepiante marcha pola escuridade do corredor até a cama de matrimonio do grande ser protector pai/nai que dá calor e espanta os fantasmas da noite?
Eu non o sei.
Quizais sexa a identificación co "estranxeiro", co "estraño", co sempiterno náufrago que chega por fin a un fogar con leña na lareira e comida na mesa, alcatifas de veludo: un lugar grato e ordenado, de alma pequenoburguesa, branda e doce como un aloumiño.
Para min segue a ser un misterio, e así vou camiñando, entre a vergonza e a luxuria, na procura desa parella desexada, nun lugar do ciberespazo chamado odiomedesyahoes

Become a member to create a blog